FRANCISCANAS OURENSE

COMPROMETIDOS CON LA REALIDAD MÁS CERCANA

FRANCISCANAS OURENSE

APÚNTATE. SIEMPRE GANAS

FRANCISCANAS OURENSE

EN FRANCISCANAS ENCONTRARAS MUCHAS OPCIONES DE VOLUNTARIADO EN LAS QUE APUNTARTE.

FRANCISCANAS OURENSE

EL VOLUNTARIADO TE AYUDA A MADURAR COMO PERSONA.

FRANCISCANAS OURENSE

TE ESPERAMOS....

WEBs DE INTERÉS. Haz clik sobre ellas...

mércores, 24 de xuño de 2015

CLAUSURA PROXECTO "CADEAS SOLIDARIAS"


O pasado xoves 18 de Xuño ás 11:30 h clausurouse no Espazo Xove o proxecto "Cadeas Solidarias", no que participábamos xuntamente con otros dous colexio, Luis Vives e Concepción Arenal.
A iniciativa deste proxecto é parte dun programa educativo para a loita contra a exclusión.Os reclusos e os alumnos restauraron 20 bicicletas e derónlle saída a ditas bicicletas, algúns colexios, para familias con poucos recursos, ou coma foi o noso caso, para doalas as asociacións ADO e DOWN de Ourense.
 
Membros de ADO recollendo as bicicletas e as normas de educación vial que fixeron os alumnos do colexio.










                                         Membros de DOWN Ourense recollendo as bicicletas e as normas de educación vial que fixeron os alumnos do colexio.


Clausura Cadeas Solidarias: https://www.youtube.com/watch?v=mQDPoxErrnc

 

mércores, 10 de xuño de 2015

Los alumnos de 1º ESO están trabajando en la presentación del proyecto "Cadeas Solidarias" que tendrá su  clausura el próximo jueves 18 de Junio.



luns, 1 de xuño de 2015

III ENCONTRO DA RCES
 
Este ano o colexio participou no encontro da RCES que tivo lugar o 28 de Maio en Santiago de Compostela.









 
O pasado 28 de maio tivo lugar na Cidade da Cultura o III Encontro da Rede de Centros Escolares Solidarios, na que 110 alumnos/as e 12 profesores de 7 centros da rede compartiron proxectos, experiencias e iniciativas de gran valor educativo e impacto solidario.
 

A xornada iniciouse coa inauguración por parte de Alberto Otero Peña, subdirector xeral de Voluntariado e Participación e por parte de Felicitas Rodríguez González, xefa de departamento da Sociedade da Información. Despois da presentación puidemos ollar as micromovies elaboradas polo alumnado dos diferentes colexios que forman parte da rede, referidas a temáticas moi diversas: a etnia xitana, cooperación para o desenvolvemento, o bullyng e o consumo de drogas... onde se podía apreciar que o voluntariado xoga un papel crucial. Tamén se visionaron os spots solidarios realizados polos centros da rede e que son instrumentos para a dinamización do voluntariado.
Pola tarde, desenvolvemos o espazo interactivo aberto onde se daban a coñecer os proxectos dos centros, a realización das actividades solidarias a compartir, un mercado de troco, un World Café para o profesorado, e puidemos asistir a "Volunradio",programa de radio con entrevistas, información, publicidade solidaria .... que permitiu coñecer máis a RCES.
O encontro rematou coa grabación do videoclip da canción da RCES, "Móvete" composta por Paco Nogueiras.

Micromovie do Colexio: " O reto de Laura"
https://www.youtube.com/watch?v=CYYAaMKlL5E&feature=youtu.be
 
 
Máis fotos e información:
Lúa Dixital: