Esta actividade, destinada aos alumnos de 1º de Bacharelato, pretende promover a solidariedade, o compromiso social e máis o voluntariado.
Os alumnos, sempre acompañados dalgún profesor do centro, acoden un sábado ao mes a colaborar nas diferentes tarefas nas que se precisa a súa axuda no comedor social de Cáritas: colocación das mesas, servizo de comedor, recollida e atención ás necesidades dos asistentes ao mesmo...
Este blog pretende expór as distintas actividades, propostas, colaboracións, etc. que o Colexio Divina Pastora de Ourense realiza dentro do marco do Plan Proxecta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.
0 comentarios:
Publicar un comentario