TAPÓNS SOLIDARIOS
Esta actividade pretende implicar a toda a Comunidade Educativa recollendo tapóns con fins solidarios, e abrangue varios obxectivos:
1. Recollida selectiva de lixo.
2. Importancia da reciclaxe.
3. Participación de forma sinxela en campañas que xeran fondos económicos para a mellora médica e asistencial de nenos con graves problemas.
Neste curso 2014-15, este primeiro trimestre fíxose a recollida para Gilber Daniel Prada, neno de 2 anos e medio, de Cabeza de Vaca (Ourense), que precisa de novos audífonos e de logoterapia para a súa pérdida case total de audición.
Os tapóns tráense ao Colexio, e vanse gardando nos contedores especificamente acondicionados para iso, métense en grandes bolsas para, neste caso concreto, ser recollidos pola nai do menor, quen foi a que se puxo en contacto co centro. Despois, pasan a unha empresa que entrega á familia unha cantidade por cada tonelada recollida. O prezo en Galicia mantense en 250 euros por tonelada.
0 comentarios:
Publicar un comentario