WEBs DE INTERÉS. Haz clik sobre ellas...

14/15 A.P.E.S.


CADEAS SOLIDARIAS

Este último trimestre o noso colexio mergullouse nun novo proxecto ata agora nunca experimentado e recibindo a colaboración do Centro Penitenciario Pereiro de Aguiar: reparación de bicicletas vellas. 

A actividade consistiu no apoio entre escolares e maiores en busca dun ben común: darlles unha nova oportunidade a estos vellos aparellos reutilizándoos e servindo ao novo tempo como unha nova ilusión, pois foron doadas á asociación Down Ourense e á Asociación de Discapacitados Ourense (ADO), ambas dedicadas ao traballo con xóvenes e maiores de discapacidades intelectuais que recibiron este agasallo con moita ilusión e ganas de aproveitalo. 

Coas mans nos ferros e a atención en non esquecer a educación vial, o colexio e o centro penitenciario levaron a cabo esta cooperación con moito traballo e interese non só na fin lúdica do seu traballo, senón tamén nunha ollada persoal e formativa. 


Para máis fotografías, CADEAS SOLIDARIAS

0 comentarios:

Publicar un comentario